ABE E VOLVO MERENAUTO ASINAN UN ACORDO DE COLABORACIÓN
- O presidente da ABE e o responsable do departamento de empresas de VOLVO MERENAUTO asinaron o acordo
- Dende hoxe as empresas asociadas poden acollerse a el e acadar diversos descontos e servizos preferentes en automoción
- Os socios da ABE teñen acceso a unha páxina privada con descontos exclusivos
Dende hoxe, luns 12 de xuño, as empresas asociadas á ABE xa poden acollerse a un novo convenio de colaboración, neste caso o asinado con VOLVO a través do concesionario oficial Merenauto.
Actualmente o mundo da automoción ofrécenos multitude de posibilidades tecnolóxicas, e a normativa non acaba de concretar que pasará nos vindeiros anos polo que buscar solucións á mobilidade nunha empresa xa non é tarefa fácil.
Para axudar aos socios da patronal neste eido asínase o presente convenio, e por parte de Merenauto, Jorge Naya, responsable do departamento de empresas da compañía, será a persoa coa que poidan contactar para informarse das condicións especiais que teñen como socios da ABE.
As vantaxes para os SOCIOS DA ABE son as seguintes:
- Dispoñen dunha páxina web exclusiva na que poden consultar sempre que queiran os descontos dispoñibles tanto para compra como nos renting
- Acceso preferente ao servizo de asesoramento do departamento de empresas formado por profesionais que buscarán a mellor solución as súas necesidades de mobilidade, tanto á hora de elixir modelo como fórmula de adquisición.
- Descontos en compra e postvenda
- Acceso a condicións preferentes en renting
Premando nesta imaxe ou na imaxe de volvo en sección convenios os socios da abe poden acceder á unha páxina web privada na que, para poder entrar, deberán indicar as claves que se lle facilitaron a través dos seus correos electrónicos.
Ao longo do ano iranse actualizando as ofertas e os servizos.
Para máis información sobre o convenio:
Jorge Naya – Departamento de empresas Volvo Merenauto
981 100 360 – 699 555 358
flotas@volvocarscoruna.com